María Ballesteros entrevista a Henrique Tello para La Opinión de A Coruña.
Escoita a Quique Tello nos Almorzos de Radio Coruña Cadea Ser.
Gostaríame compartir contigo a elaboración do Programa de Acción Municipal do Goberno (documento PDF).
J.M.Villot entrevista a Henrique Tello (documento PDF).
Presupostos actuais do Concello e propostas do BNG. -ler máis-
Porque aínda temos capacidade de ilusionarnos cunha Coruña participativa, moderna e orgullosa de si mesma, cun proxecto líder que sexa referente para todo o país. -ler máis-
Contacta coa oficina municipal do BNG na praza de María Pita.
email: quiquetello@aytolacoruna.es
web: bng-galiza.org/acoruna
Tlf: 981 184 283 - Fax: 981 184 284
Cumpliremos os compromisos!
Decía na anterior entrada nesta páxina que o BNG faría un bon uso do teu voto.
Nas eleccións do Domingo pasado, A Coruña rexeitou cos seus votos a maioría absoluta como forma de goberno municipal "castigando" ao PSOE e mantendo a representaión do BNG na próxima Corporación Municipal.
Estamos preparados para cumplir os nosos compromisos e non decepcionar a todas e todos os coruñeses que nos deron a sua confianza.
Grazas polo voso apoio.
Henrique Tello.
Os resultados electorais unicamente poden ser valorados en función dos obxectivos que cada partido se tiña marcado. O demais, é unha reflexión mediática lóxica pero moi distante do sentimento real.
No BNG tiñamos perfectamente definido que o noso obxectivo político-electoral nestas eleccións era que a lista do actual Alcalde non obtivese a maioría absoluta de Concelleiros porque estabamos convencidos de que iso era bon para A Coruña.
Loxicamente, o PSOE pretendía conservar a sua maioría absoluta e o PP acadar esa maioría ou -cando menos- ser a lista máis votada. Ningunha das duas cousas se produciron.
Nunhas eleccións tan influidas polo debate político extra-municipal que se daba a nivel de Estado, consideramos moi satisfactorio mantér a representación que acadamos hai catro anos.
Pero esta representación-sendo a mesma- ten un valor multiplicado. Daquela serveunos para subir electoralmente pero a cór do goberno era a mesma. Agora, o valor desta representatividade é inmensamente maior.
Estamos preparados para non decepcionar a quen mantivo a sua confianza na lista do BNG. Por iso valoro que nestas eleccións: gañou A Coruña.
escrito no diario o 29/05/2007
Henrique Tello é o candidato do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía da Coruña.