A Coruña: Recuperar a ilusión.

O Goberno Municipal de A Coruña gastará de novo no 2007, máis de 200 MILLÓNS DE EUROS, procedentes dos nosos impostos.

Pero de novo este diñeiro, destínase a proxectos que moitas veces nada teñen a ver coas NECESIDADES SOCIAIS.

Mudou o Alcalde, pero permanecen os mesmos vicios.

Quixeron lavar a cara cun sorteo de 170 vivendas nuns terreos polos que ALTADIS cobrou 85 MILLÓNS DE EUROS. Pero case 9.000 persoas que reunían as condicións, ficaron dentro do bombo. O transporte público é caro e deficiente. Pero se potencia o uso do vehículo privado nunhas rúas cheas de baches e penalizando os peóns.

A política urbanística municipal é a máxima responsable do peche das industrias coruñesas (Tabacaleira) e ameaza con urbanizar solares onde actualmente se emprazan empresas importantes (Santa Bárbara). Con estas actuacións medra o desánimo e o paro entre unha poboación (especialmente a MOCIDADE) que ten que marchar da Coruña para buscar ocupación e vivenda.

Os Orzamentos Municipais son o instrumento económico e político para redistribuír a riqueza e favorecer a xustiza social.

O maior patrimonio da Coruña son as PERSOAS QUE VIVEN NELA. Isto merece unha maior atención e mesmo un maior cariño, que nos permita recuperar a ilusión e a calidade de vida que nos merecemos.

ver vídeovolver

Henrique Tello é o candidato do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía da Coruña.